EQUIPAMENTO URBANO

Este proxecto consistíu na creación dunha serie de elementos de equipamento urbano que encaixan en entornos urbanos e interurbanos, coa finalidade de potenciar un medio de tranporte alternativo e respetuoso co medioambiente. A súa estrutura modular permite adaptarse a distintos tamaños de público e aos desniveis de terreo, moi presentes en Galicia, e ás necesidades que se poidan xurdir dos usos relacionados.

O conxunto está composto dunha cuberta, un banco, un panel informativo e un bicicleteiro, elementos totalmente modulares que funcionan no seu conxunto e de xeito individual.  A colección favorece uns hábitos de vida saudables, dándolle prioridade ao transporte público e aos vehículos non contaminantes e ademáis é autosostible, xa que conta cunha serie de paneis fotovoltáicos que alimentan mediante enerxía solar a iluminación da cuberta e do panel informativo.