VAIXELA LAR

A vaixela LAR é un conxunto de menaxe destinada especialmente para o fogar. Trátase dunha colección de liñas suaves e decoración minimalista, que contrasta coa robustez da súa topoloxía. Busca a mínima expresión a través da súa sinxeleza e facer do fogar un lugar acolledor onde buscar refuxio e calor, calma e reflexión.

Este conxunto ofrece funcionalidade, ao seren apilables pratos e tazas, resistencia e durabilidade, todo a un prezo adaptado á clase media. Está formada por 12 elementos distintos, 8 pezas de conxunto e 4 elementos singulares:

  • Prato chan/baixo
  • Prato fondo
  • Prato de postre
  • Prato de café/té
  • Prato par pastas
  • Fonte
  • Bol
  • Taza
  • Salseira
  • Azucareiro
  • Teteira
  • Leiteira