Traballo para o curso Deseño para Videoxogos: 3D Character Design impartido por J.C. Abraldes. Neste caso traballamos dende o eido do concept art en bocetos a lápiz para logo traballar con ferramentas 3D como ZBrush. No deseño deixei fluír un pouco a imaxinación creei unha especie de pulpo/zombie que ben podería pasar polo monstruo final dalgún videoxogo.
No panel vemos un renderizado onde se mostran distintas vistas da criatura e os compoñentes que a forman. Por outro lado aproveitei para imprimir en 3D ao becho nunha BQ Prusa Hephestos i3.
- Material: PLA
- Altura de capa 0.2 mm
- Con apoios