ALGAMAR ×ATLANTIDAE×

Este proxecto nace como último traballo do curso da asignatura Envases e Embalaxes, no cal realizamos unha proposta de redeseño gráfico e packaging para Algamar, empresa galega especializada en recolectar, secar, elaborar e comercializar algas mariñas atlánticas para consumo humano como verdura. Logo de realizar unha análise de marca e mercado, creamos o noso envase coa idea de aportar un valor engadido ao produto e aumentar a presenza e as vendas da empresa no mercado nacional.

No deseño plásmanse as ideas do espirito atlántico, a tradición, a artesanía e o respeto polo medioambiente, valores ecolóxicos que encaixan coa personalidade da empresa. De ahí que os materiais sexan cartón e papel kraft e a impresión por serigrafía, con tintas planas que seguen a identidade corporativa de Algamar.

×Atlantidae× é unha aposta por identidade propia, unha personalidade coidada, reflexo duns valores que confían no produto de aquí e establece uns hábitos de vida respetuosos co medio ambiente.

</div