DESEÑO DE EQUIPOS E ILUMINACIÓN

Traballamos no deseño dun exprimidor eléctrico, cunha estética común e acordada co resto de compañeiros da
asignatura de “Deseño de equipos e iluminación” co fin de crear unha liña de electrodomésticos. Este exprimidor pretende ser funcional e facilitar o seu uso ao usuario, e para o seu deseño prestouse especial atención á mellora de hixiene, polo que incorpora unha tapa exprimidora que minimiza o contacto do usuario coa froita. Ademáis inclúe dobre cabeza exprimidora, que permite sacar o xugo dunha froita enteira á vez. Por último, o exprimidor é totalmente autónomo xa que coa batería incorporada que posúe, evítase o uso de cables eléctricos.