NEBULA · E·SCOOTER

Neste proxecto levamos a cabo o deseño dun patinete eléctrtico e pregable, cuxa función é a de transportar ao usuario co seu impulso. Trátase dun vehículo cun deseño pensado para o ámbito urbano, coa finalidade de substituír aos coches e así axudar a desconxestionar o tráfico dos centros das cidades e os problemas de aparcamento. Este produto é respetuoso co medioambiente xa que ao ter un motor eléctrico, favorece que que se reduzan as emisións de CO2 (principais causantes do efecto invernadoiro).

O uso deste produto plantexa uns novos hábitos de vida e un novo xeito de entender o transporte urbano, sempre dende un punto de vista máis ecolóxico.